Escoitar

Caballero lembra que a cidade é referencia para o tenis dende o século XIX na presentación do Campionato de Vigo

O alcalde da cidade, Abel Caballero, celebrou as Vodas de Platino, os 75 anos de historia do Campionato de Vigo (1941-2016), que do 17 ao 28 deste mes disputarase para todas as categorías e idades nas pistas do complexo deportivo municipal de Samil. O evento está aberto para todas as raquetas de Vigo e comarca.<br /> <br />

xoves, 11 ago 2016
1470920476tenis2.JPG
"75 anos de historia obsérvannos neste momento. É a forma que temos en Vigo de tratar o tenis: dende a calidade, dende a solera, a historia, a tradición e a modernidad", explicou o rexedor, que presentou o evento acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, os finalistas de 2015 (o campión Lolo Santomé e o subcampión Simón Arca), a subcampioa absoluta, Carla del Río, e membros da organización (Pablo González e Fernando Rodríguez) e do Banco Mediolanum (Sandra Pastoriza), un dos patrocinadores privados.

A solemnidade do aniversario levou ao Concello a ofrecer uns trofeos 'ad hoc', unhas ensaladeras que o xefe do goberno local calificou como "extraordinarias". Con cinco pistas municipais a disposición da Federación Galega de Tenis, o torneo, que xa supera os 200 inscritos e pode sumar un cento máis, observa tamén unha faceta social: un euro de cada inscrición dóase ao comedor social "A las cinco".

Caballero, ademais, lembrou que "Vigo é unha referencia do tenis dende o século XIX, cando os empregados do Cable Inglés trouxeron este deporte".
Con doce días de competición, o torneo promete: catro dos cinco mellores do ránking absoluto de Galicia (o moañés Lolo Santomé, Tomás Currás, Roberto Rodríguez, vixente campión autonómico) e o vigués Simón Arca) estarán no campionato e dúas das cinco mellores raquetas femininas. Santomé e Diana Martínez defenden título.
Descargar todas as imaxes