Caballero subliña a "normalidade" no reinicio do mercadiño de A Bouza
Hoxe mércores volveu a operar o mercadiño de A Bouza, en Coia, con total normalidade, segundo informou o alcalde de Vigo. Efectivos da Policía Local e Nacional supervisaron desde primeira hora o axeitado funcionamento do mesmo e seguirán ese labor para a reapertura do de Bouzas o próximo domingo.
O alcalde de Vigo valorou a "absoluta normalidade" coa que ten lugar esta mañá o mercadiño de A Bouza, en Coia, que hoxe inicia de novo a súa actividade con máis de cincuenta postos instalados dos oitenta que contaban coa autorización municipal e no que se rexistrou unha "asistencia fluída".
Para controlar a montaxe do mercado e garantir o seu axeitado funcionamento, desde primeira hora da mañá houbo na zona efectivos da Policía Local e Nacional e non se rexistraron incidentes nin conflitos, tal e como apuntou Caballero, quen mencionou a convocatoria dunha concentración no mercado que se desenvolveu sen incidentes. O labor de vixilancia da posta en funcionamento dos mercados vigueses continuará no de Bouzas, que retomará a súa actividade o domingo.