Escoitar

Os encoros vigueses están ao 90% de capacidade aínda que o Concello apela ao consumo responsable de auga

A rexedor deu conta do estado das dúas présas de Vigo, o de Zamáns e o de Eiras, que se atopan ao 90% da súa capacidade e tamén informou da intervención dos bombeiros na extinción do incendio de Soutomaior tras a solicitude feita dende a Xefatura dos Bombeiros de Pontevedra.

xoves, 11 ago 2016
Abel Caballero informou este xoves do estado dos dous encoros de Vigo, Zamáns e Eiras, que se atopan ao 90% da súa capacidade, que é o nivel máximo ao que se lle permite chegar durante o inverno por razóns de eventuais riadas que impiden que chegue ao cento por cento. Con todo, apelou ao consumo responsable da cidadanía viguesa para que "non deixe de facelo coa tranquilidade de que a présa, sobre todo a de Eiras, está nunha conca hidrográfica moi xenerosa"

O alcalde lamentou este xoves a "situación tremenda que se está vivindo en tanto sitios de Galicia" por mor da vaga de lumes que afecta a varios concellos galegos e informou da intervención dos bombeiros municipais no de Soutomaior, tras a chamada telefónica do Xefe de Bombeiros de Pontevedra onte mércores ás 20:45. Tras o requirimento de apoio, o Concello enviou "o que pediron": un vehículo Bomba Forestal Pesada e un equipo de catro efectivos conformado por un mando, un condutor-bombeiro e 2 bombeiros.

Cumprindo co labor de prevención periódica, o rexedor deu conta da inspección que realizarán esta tarde os bombeiros polas pistas forestais municipais, que se intensifica cando hai máis risco de lume por razóns climatolóxicas. A ronda de inspección comezará na zona de Candeán cun vehículo de Bomba Forestal Pesada e estenderase dende as 16:00 e ata as 19:30 horas da tarde.

Amais, o reiterou o ofrecemento dos servizos dos bombeiros municipais que "teñen instrución de saír á primeira notificación a calquera lugar do que os chamen e para o cometido que os chamen".