Caballero apoia o torneo 3X3 Seis do Nadal que promove o baloncesto para todas as idades
<br /> Unha representación da directiva, do corpo técnico e dos xogadores presentoulle ao rexedor nun encontro no Concello a sexta edición do campionato que se celebrará os días 19 e 20 de agosto. Caballero trasladoulles o apoio municipal ao "seu esforzo polo baloncesto de base en Vigo". <br />
O alcalde recibiu este luns a unha representación da directiva, do corpo técnico e do cadro de xogadores do Baloncesto Seis do Nadal, que lle presentaron a sexta edición do torneo 3x3 Seis do Nadal que organizan os días 19 e 20 de agosto nas instalacións do centro educativo. O evento contará co apoio municipal ao ser unha "cita significativa" e o club seguirá contando co respaldo do Concello "polo seu esforzo polo baloncesto de base en Vigo".
Caballero departiu coas xogadoras e xogadores e tamén saudou ao vigués Manu Ferreiro, nacido en 1990 e que foi fichado por Marín para disputar a LEB Ouro. Ferreiro será o padriño dun torneo 3x3 para todas as categorías.
O Seis do Nadal debutará en Liga EBA a temporada 2016/17, de maneira que a cuarta categoría nacional contará con dous equipos vigueses.
Descargar todas as imaxes