Escoitar

Caballero insta á Xunta a asinar de "xeito inmediato" o convenio do transporte ao aeroporto

Abel Caballero reiterou este martes á Xunta a necesidade de asinar canto antes o convenio do transporte ao aeroporto que xa acordaron ambas administracións. Deste xeito, Vigo contaría cun servizo de transporte a Peinador similar ao que conta Santiago de Compostela, tamén financiado polo goberno autonómico.

martes, 23 ago 2016
Abel Caballero animou hoxe martes á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a asinar "de xeito inmediato" o convenio do transporte ao aeroporto, unha vez pactado o texto entre as dúas administracións. Respecto da recente petición da responsable autonómica de incluír esa liña no transporte metropolitano, o rexedor amosou a súa disposición a aceptar esta novidade sempre que sexa a Xunta a que asuma o custo desta incorporación. En todo caso, Caballero cualificou as últimas consideracións públicas da conselleira como desculpas para non asinar un convenio que permitiría a Vigo gozar dun sistema de transporte a Peinador similar ao que funciona en Santiago, tamén financiado polo goberno autonómico.