O Concello homenaxea aos fusilados no 36 "por ter defendido a democracia e as súas conviccións"
O alcalde presidiu este venres o acto oficial no cemiterio de Pereiró, 80 anos despois do asasinato de alcaldes, deputados e distintos cargos políticos da cidade. "É a nosa homenaxe, desde a Alcaldía da cidade, nun acto oficial, ás persoas asasinadas no ano 36 por ter defendido a democracia e as súas conviccións políticas, de partido e de República", explicou Abel Caballero.