O goberno de Vigo estuda unha rebaixa de ata o 50% nas taxas dos mercadiños
O alcalde de Vigo anunciou este xoves que o Concello que preside está a valorar unha rebaixa nas taxas de instalación dos postos nos mercadiños de Bouzas e Coia, que pasarían a custar un euro por metro cadrado. Actualmente en Coia a taxa é de 1,40 euros e de 2,05 euros en Bouzas.
O alcalde asegurou estar "satisfeito" do funcionamento dos mercadiños de Bouzas e de Coia (A Bouza), onde "cada vez hai máis vendedores", e anunciou que o goberno de Vigo estuda "rebaixar as taxas a un euro por metro cadrado".
O obxectivo, afirmou Caballero, é ter unhas taxas de ocupación "uniformes e absolutamente accesibles" en función do interese dos cidadáns que alí compran. Así, os pagos sería dun euro por metro cadrado, cando ata o momento ascende a 1,4 euros no caso de Coia e a 2,05 euros no de Bouzas.