O alcalde eloxia a "calidade" de El Olivo e felicita ao club polo título de Segunda División
Caballero recibiu este martes a xogadoras, corpo técnico e directivos do club, campión da Liga de 2ª División Feminina, e transmitiulles a "felicitación" e o "orgullo" da cidade por ter un equipo deste "nivel de calidade" en Vigo, que representa ademais un "modelo" para tantas novas deportistas. <br />
En declaracións posteriores, Abel Caballero recordou que El Olivo está "moi apoiado" polo Concello de Vigo, o seu principal patrocinador, porque "cremos que hai que facer un esforzo moi importante para a igualdade no deporte", subliñou o rexedor vigués.
Descargar todas as imaxes