O goberno de Vigo inviste 29 millóns de euros en humanizacións e asfaltados no rural
Abel Caballero deu conta hoxe luns da posta en marcha de varias obras de humanización no centro da cidade como é o caso das rúas Esperanto e Tomás Alonso, que veñen de iniciarse, e do asfaltado de diferentes vías nas parroquias que supoñen "o maior asfaltado feito nunca na historia da cidade no ámbito rural". <br />
O alcalde informou este luns da posta en marcha de obras de humanización por valor de 29 millóns de euros, dende este mes de agosto e ata finais de ano de ano, que cumprirán o dobre obxectivo de "transformar a cidade e de crear emprego" coa utilización dos recursos municipais, que se destinarán tamén á mellora do rural "ao que dedicamos 3 millóns de euros entre o Concello e a Deputación".
Segundo relatou Caballero, o Concello está iniciando a humanización das rúas Esperanto e Tomás Alonso que seguirán "de forma inminente" coas rúas Bueu e Avenida de Galicia amais de García Barbón e as da UNED. Tamén anunciou que nuns días comezarán as obras das rúas Ferreiros, Aragón Fase 4, Doutor Corbal e Gregorio Espino, así como as de Castelao, Vía Norte, Estorniño e Álvaro Cunqueiro. O calendario de humanizacións continuará en Rosalía de Castro e Llorente.
Ademais, Caballero anunciou o "maior asfaltado feito nunca na historia da cidade no ámbito rural; nunca houbo unha acción na cidade como a que estamos facendo nestes momentos no centro, na periferia e no rural" cun investimento "masivo" de 29 millóns de euros. Así, o concello mellorará o firme en Bembrive: Cruz e Xestoso; Lavadores: Barreiro, Brea, Pardavila, Pepe Castro e Roteas Baixo; Cabral: Ameal, Bosque, Cernades, Fontiñas, Patas e Riomao; Candeán: Monte Pequeno e Solombo; Teis: Amieiro, Bailén, Devesa Santa Tegra, Paraixal, Poulo e Santa Tegra; Saiáns: Cal do Outeiro; Oia: Currás, Hermida, Pedreira e Verdella; Coruxo: Calzada; Navia: Bravo, Cerqueiro e Pereiras; Alcabre: Millareira; Comesaña: Rial; Valadares: Gándara, Garrida, Nancales e Pomba; Matamá: Balsa; Beade: Brea, Lago e Vaca Morta; Castrelos: Coutadas e Telleira; Sárdoma: Carballo, Finca dona Concha, Louxada, Marco e Pescadeira; Bouzas: Casiano Martínez; Calvario: Martínez Garrido e Coia: Ramón Soler.
Estas vías súmanse ás que verán mellorado o seu firme grazas ao convenio asinado entre o Concello e a Deputación de Pontevedra en Sárdoma (Miraflores), Castrelos (Viloura), Candeán (camiño Monte Vixiador), Teis (avenida dona Fermina), Alcabre (Camiño Forte e Camiño Cruceiro), Coruxo (Camiño Viño), Matamá (rúa Roupeiro e carretera Beirán), Zamáns (carretera Marcosende), Bembrive (Arieiro), na zona de Bouzas (rúas Covadonga e Eduardo Cabello), na zona do Castro (rúas Arines, Couto e Marqués de Alcedo) así como a rúa Pastora, na contorna da Praza de América.