O alcalde amosa a súa satisfacción coa proposta de convenio de transporte ao aeroporto enviado pola Xunta
Caballero acepta a proposta remitida pola Xunta de Galicia ao entender o texto como "moi satisfactorio" malia que considera preciso cambiar algunhas cuestións técnicas, polo que pedirá unha reunión o máis inminente posible á Consellería de Infraestruturas para tratar de pechar o acordo.
O rexedor informou esta mañá da recepción no Concello da proposta de convenio enviada pola Xunta de Galicia para o transporte público desde Vigo ao aeroporto que, tras unha primeira lectura, "parécenos ben", polo que dixo "aceptalo".
Con todo, malia o "texto satisfactorio" apuntou que hoxe mesmo pedirá unha reunión á Consellería de Infraestruturas "se pode ser mañá mesmo" para abordar algunhas cuestións técnicas que hai que perfilar. No tocante ao percorrido do autobús dende o centro da cidade ao aeroporto, amosouse aberto a estudar propostas da Xunta que, nas tres reunións mantidas, non propuxo alternativas ao mesmo. Ademais, instou á administración autonómica a dedicar axudas aos voos en Vigo igual que fai no aeroporto de Santiago.