mércores, 3 agosto 2016

O Concello asina a licenza para a ampliación do CEIP Castelao de Navia

O alcalde informou de que a Consellería de Educación recibirá hoxe a comunicación favorable á súa solicitude que foi resolta, segundo declarou, "coa maior celeridade" xa que a petición foi recibida o 29 de xullo e aprobada o 3 de agosto. Con todo, Caballero urxe á Xunta a que inicie as obras de forma inmediata e que as acometa de corrido e non por fases.

O alcalde ofrece cooperación municipal á nova directora de Telefónica en Galicia <br />

mércores, 3 ago 2016

Abel Caballero recibiu este mércores á nova Xunta Directiva de Telefónica en Galicia, logo de que Marta Menéndez asumira a dirección da empresa na nosa comunidade. O rexedor declarou, ao remate do encontro, que o Concello mantén unha "boa relación" con Telefónica no referente á súa actividade en Vigo e no seu labor de ofrecer cobertura tanto de banda ancha como de rede móbil na cidade. Así, adiantou que a cooperación institucional marcará a relación entre goberno local e a dirección da empresa como viña acontecendo ata o de agora. <br />