Escoitar

O goberno local adxudica o acondicionamento do Mar de Vigo para a UNED e a sala de lectura

Abel Caballero informou este martes da adxudicación provisional dos traballos de reforma de tres prantas do Auditorio Pazo de Congresos para acoller a sede viguesa da UNED e a maior sala de lectura da cidade. Segundo explicou o alcalde, esta reforma foi conveniada polo Concello coa Deputación.

martes, 2 ago 2016
O goberno de Vigo, reunido hoxe martes en sesión extraordinaria, aprobou a clasificación de ofertas e o expediente de contratación das obras de acondicionamento de espazos no Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo como sede da UNED de Vigo.

En rolda de prensa, Abel Caballero explicou que a adxudicación provisional se fixo por un importe de 466.000 euros, unha baixa económica do 22% sobre o prezo de licitación. En segundo lugar, o alcalde apuntou que a empresa ofertou melloras -en telecomunicacións e en megafonía para as aulas, entre outras- por un importe de 50.000 euros.

As obras consistirán na adecuación das prantas cuarta, quinta e sexta do Auditorio Pazo de Congresos, sito na Avenida de Beiramar, como aulas, despachos, salas de reunións e de conferencias e aula de estudo. Alí estará emprazada o maior espazo de lectura da cidade, segundo asegurou o primeiro edil. O obxectivo é facer o traslado da sede da UNED ao Mar de Vigo "o antes posible", ao longo do curso que comeza, afirmou o alcalde.

O proxecto, engadiu Caballero, se sufraga en virtude cun convenio coa Deputación de Pontevedra, un acordo que contempla ademas que a administración presidida por Carmela Silva achegue outros 200.000 euros para a dotación de elementos, útiles e mobiliario.

Abel Caballero recordou que Vigo conta xa con trece titulacións da UNED e avanzou que, de cara ao vindeiro curso 2017-2018, se solicitará impartir outras oito carreras. A previsión municipal é pedir para a sede viguesa todas as que imparte a Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Aplicacións informáticas
A Xunta de Goberno Local tamén validou as clasificacións de ofertas para a contratación dos servizos de mantemento de aplicacións informáticas municipais, por importe de 139.000 euros, tal e como informou o rexedor vigués. O goberno vigués deu igualmente luz verde ao mesmo trámite para as aplicacións de Estatística e de Recadación e Contabilidade, por un total de 223.000 euros.