Caballero sinala que a Área Metropolitana podería constituírse o 2 de novembro
O rexedor apunta esta data tendo en conta os prazos que establece a Lei que vén de ser publicada no DOG, polo que "a partir deste momento só depende dos 14 municipios que constituímos a Área inicialmente e dos 10 ou 15 que se van adherir de forma inmediata" e define o feito como "unha das grandes noticias deste século para a cidade e os concellos da contorna".
Tras a publicación no DOG da Lei de Área Metropolitana de Vigo, Abel Caballero declarou que "a partir este momento a Área xa só depende de nós, dos 14 municipios que a constituímos inicialmente e dos 10 ou 15 que se van adherir de forma inmediata" e cualificou o feito como "unha das grandes noticias deste século para a cidade e os municipios do entorno".
O rexedor vigués apuntou que a "data probable de constitución da Área Metropolitana será o 2 de novembro" cando se conforme o Pleno e se nomee o presidente. A partir de aí, declarou, entrará en funcionamento o ente supramunicipal.
Sobre a representación dos grupos políticos na Asemblea Metropolitana, Caballero destacou a "xenerosa cesión de Vigo" porque "en termos de votos e de representación democrática, os socialistas en conxunto teñen unha inmensa maioría na área" que non se ve reflectida nese órgano, xa que o Partido Popular suma 66.700 votos e ten 23 representantes mentres o grupo socialista da área suma 95.000 votos e ten 22 representantes.