Escoitar

O goberno vigués acomete a humanización da primeira fase de Marqués de Valterra

O alcalde de Vigo visitou este luns os traballos de humanización que o goberno que preside está a acometer actualmente en Marqués de Valterra, unha primeira fase que abrangue desde o número 31 ata o cruce coa rúa Gaiteiro Portela. O Concello adica á reforma 181.000 euros.

luns, 1 ago 2016
1470055191calle.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pasou revisión este luns ás obras de mellora da rúa Marqués de Valterra, unha humanización cun investimento municipal de 181.000 euros. A reforma afecta á marxe esquerda do vial, desde o número 31 ata a unión coa rúa Gaiteiro Portela. O alcalde recordou que as fases dúas e tres sucederán a obra en marcha cando esta remate, "a continuación", e recordou que a reforma en marcha houbo que detela pola aparición de xacementos arqueolóxicos.

Segundo detallou o rexedor ante os medios, o goberno de Vigo substituirá en Marqués de Valterra as canalizacións de saneamento e abastecemento de auga, ademais de renovar o pavimento e rebaixar a beirarrúa nos pasos de peóns para facilitar o paso das cadeiras de rodas. O proxecto de obra contempla a instalación de 14 novas farolas, 17 árbores e 42 metros lineais de xardineiras.

Apuntou Abel Caballero que se optou por deixar dobre dirección de circulación e por manter unha liña de estacionamento, "porque é unha zona de moito tránsito e moita utilidade para o acceso e a saída desde a Porta do Sol".
Descargar todas as imaxes