Escoitar

Caballero di que a Vigo battle of teams de crossfit, a fin de semana, é "o xeito de entender o deporte total"

O alcalde da cidade, Abel Caballero, presentou a segunda edición do Vigo Battle of teams de crossfit, previsto para esta fin de semana, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, e o grupo de organizadores do evento liderado por Gustavo Veloso.

xoves, 4 ago 2016
1470315496crossfit.JPG
No segundo verán consecutivo que se celebra a competición, esta mudou a praia do Vao pola de Samil, engadindo ademais o complexo deportivo municipal para recibir a 300 atletas de todo o país, Francia e Portugal. Este sábado a natación abrirá as probas ás 9:00 horas e polo serán coñeceranse os equipos eliminados, a metade dos 60 inscritos. Así, o domingo manteranse en liza quince equipos Pro e outros tantos Elite.

"É unha especie de acción multideportiva de grandes atletas e unha actividade prácticamente imposible de imaxinar porque fan natación, corren, realizan probas de ximnasio, halterofilia...", explicou o alcalde, que invitou á cidadanía a seguir esta "especie de decatlón pero ilustrado, máis complicado", porque "ao aire libre vai ser un espectáculo".

O rexedor considerou unha "actividade excepcional" a proba pois ao contar con "atletas de todas partes estamos a falar dunha gran acción". Caballero celebrou a multitude de iniciativas deportivas que se dan en Vigo e cualificou este campionato de crossfit como "unha das formas de entender o deporte total na cidade".

Dende a organización, Gustavo Veloso indicou que "esta é a miña paixón", que desenvolve dende hai seis anos. "O crossfit busca que o atleta se desenrole en calquera ámbito, que poida desempeñar calquera desafío físico", indicou, e por iso organizou un torneo por equipos mixtos de cinco participantes por grupo.

A Vigo battle of teams viviró o esforzo dos deportistas entre a praia e o propio complexo deportivo de Samil. Mentres o ano pasado foi unha proba dun día, con equipos do norte, agora son de toda España (Barcelona, Valencia, Granada, Madrid, Valladolid, San Sebastián...) e se estruturou en dúas datas para darlle tamén un matiz turístico.
Descargar todas as imaxes