mércores, 2 ago 2017
O alcalde informou da realización dos traballos de asfaltado este sábado, día 5, que supoñerán o corte ao tráfico da Avenida dende as oito da mañá, mentres mañá xoves e o venres haberá restricións na circulación. A humanización da rúa terá un investimento total de 6,5 millóns de euros.
martes, 1 ago 2017
Caballero anunciou hoxe martes que, na fin de semana do 11 ao 13 de agosto, o goberno vigués prolongará o funcionamento da liña C1, que pasará a operar tamén de noite, e habilitará un novo servizo especial nocturno que, xunto aos habituais N1 e N2, significará un autobús cada quince minutos.
luns, 24 xul 2017
O alcalde visitou hoxe luns nas instalacións da concesionaria Vitrasa os novos vehículos, 100% accesibles, que contan con USB e WiFi de balde, e con motores Euro VI, os máis respectuosos co medioambiente. Con 4,75 anos, a idade media dos autobuses de Vigo é a menor de España.
luns, 17 xul 2017
O alcalde puxo en valor a "acción heroica" realizada por Juan Castro Delgado na Praza Fernando el Católico xa que "puxo en risco a súa vida" para salvar a dunha muller a piques de caer dende un sétimo piso. <br />
venres, 16 xuñ 2017
Coa colaboración de Vitrasa e a Policía Local, estará en funcionamento dende mañá sábado 17 de xuño entre as 19:30 e as 22:00 horas para facilitar a volta ao centro dende a zona de praias da cidade.
martes, 13 xuñ 2017
Caballero mantivo reunións este martes con representantes dos sindicatos CCOO e co Comité de Empresa do Concello con que abordou as mobilizacións para esixir ao Goberno de España e á Xunta a conexión directa de alta velocidade entre Vigo e Madrid. <br />
venres, 9 xuñ 2017
O rexedor explicou que desde ás 10,00 h de hoxe venres prohíbese o acceso en coche ao Casco Vello de Bouzas, excepto para residentes e carga e descarga, neste caso entre as 8 e as 11 h, coa posibilidade de ampliar este horario en función das necesidades. Caballero aclarou que os primeiros días serán de aprendizaxe para os usuarios.
luns, 5 xuñ 2017
Abel Caballero recibiu este luns aos tres policías locais que a semana pasada participaron nunha operación de rescate dunha muller viguesa de 85 anos á que conseguiron recuperar dunha terraza na que se atopada desorientada. O alcalde puxo en valor a súa "acción heroica" coa que conseguiron "salvarlle a vida", chegando a poñer en risco a súa propia. <br />
luns, 5 xuñ 2017
O cambio afecta a todas as rúas e prohíbese o acceso, excepto residentes e carga e descarga entre as 8 e as 11 horas da mañá, coa posibilidade de ampliar este horario en función das necesidades.
luns, 29 mai 2017
A Porta do Sol será testemuña o próximo mércores 14 de xuño do concerto co que a cidade vai reclamar a conexión por alta velocidade a través da variante de Cerdedo. Así o anunciou esta mañá o alcalde quen cualificou de "tomadura de pelo" a proposta da Xunta e do Goberno Central de que os vigueses vaian a Madrid a través de Santiago.