venres, 27 out 2017
Abel Caballero visitou este venres o IES Valadares e o CEIP Sobreira-Valadares para coñecer as actividades que o alumnado dos dous centros de ensino realizou arredor da experiencia vivida a pasada fin de semana cos lumes que sufriu a cidade. Os estudantes de secundaria escribiron relatos sobre o acontecido ao seu redor e os cativos de educación primaria confeccionaron unha árbore decorada xunto coas familias e recitaron poemas de forma conxunta.
venres, 27 out 2017
O goberno local revisará as autorizacións dos 800 vehículos pesados que a diario circulan por Sanjurjo Badía se a Xunta non inclúe nos orzamentos unha partida para converter en urbano o tramo da AP9 desde Bos Aires. Neste mesmo senso, Caballero fixo súa unha petición de usuarios do Porto de reclamar a exención da peaxe para o transporte de mercadorías.
venres, 20 out 2017
Caballero visitou esta mañá aos axentes da Garda Civil e da Policía Nacional para trasladarlles o aplauso de toda a cidade pola súa implicación "en moitas ocasións máis aló do deber" na loita contra incendios. Fixo esta visita un día despois de agradecer o seu traballo aos policías locais e aos bombeiros, aos que tamén lles rendeu homenaxe no nome de todo Vigo.
martes, 17 out 2017
O Concello inicia o balance dos danos forestais e materiais producidos polos incendios para poder trasladar a petición de axudas ao Goberno. Caballero de "moi complexos" o momentos vividos e pon en valor a profesionalidade e dedicación de bombeiros e policías así como a cooperación cidadá "extraordinaria".
luns, 2 out 2017
O alcalde e presidente da FEMP participou este luns no acto celebrado na Comisaría viguesa polo Día do Patrón da Policía Nacional, onde trasladou o recoñecemento da cidade e da FEMP aos axentes policiais como "defensores da democracia, das leis e da Constitución".
xoves, 28 set 2017
O alcalde e presidente da FEMP participou este xoves no Congreso de Xefes e Mandos da Policía Local, onde ratificou que existe un acordo co Estado para a xubilación anticipada que se atopa "na súa tramitación final". Caballero eloxiou á Policía Local como factor "imprescindible" de "vertebración das cidades".
xoves, 28 set 2017
O edil de Seguridade, Carlos López Font, denunciou este xoves o "grave risco" no que se atopa o acceso á praia da Mourisca que ten acceso directo e exclusivo desde o Museo.
xoves, 21 set 2017
No marco das actividades programadas para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, o goberno vigués promove na mañá deste xoves unha mostra de vehículos eléctricos na Praza do Rei e, pola tarde, na Porta do Sol. Abel Caballero anunciou que mañá venres, ás 20h, os actos conclúen coa proxección do filme "Quicksilver" na pantalla da nova rotonda de Rosalía de Castro.
mércores, 20 set 2017
Abel Caballero visitou este mércores as actividades organizadas no centro no marco da Semana Europea da Mobilidade, que incluíron transporte en bici ao colexio, charlas e un curso de mobilidade e habilidade en bici, para estudantes de 6º de Primaria.
luns, 18 set 2017
Un dos atractivos é a presenza na cidade, por primeira ver en Galicia, dun simulador de accidentes, ao que esta mañá se subiu o alcalde na Porta do Sol. Amais, o venres e o sábado serán gratuítas as liñas U1, U2, N1 e N2 de VITRASA.