luns, 12 mar 2018
O alcalde valorou este luns os datos colleitados polo aeroporto de Vigo no mes de febreiro, liderando o crecemento das terminais galegas cun 13,9% máis de viaxeiros con respecto ao mesmo mes do 2017.
luns, 26 feb 2018
O alcalde avanzou esta mañá que entre o venres e o sábado foron once as mulleres que usaron as paradas adicionais que ofrecen os buses nocturnos para apearse o más preto posible do seu destino. O servizo funcionou con absoluta normalidade, segundo constatou.
xoves, 22 feb 2018
O alcalde recibiu este xoves na Praza do Rei a unha delegación dos taxistas de Vigo para presentar a nova imaxe coa bandeira de Vigo no capó. O rexedor celebrou a medida tomada hai tres meses para favorecer a identificación dos taxis nas rúas da cidade. Ademais, tamén foron modificados os escudos que locen nas portas e os números de identificación.
mércores, 21 feb 2018
Abel Caballero desprazouse este mércores ata o Colexio Compañía de María, onde o Concello de Vigo, a través da Policía Local, ofrece formación en educación viaria aos escolares do nomeado centro. O rexedor explicou aos alumnos a importancia de cumprir as normas de seguridade viaria.
mércores, 21 feb 2018
Case 90.00 vigueses xa teñen a súa tarxeta PassVigo e un 30 por cento foron enviadas previa solicitudes dos usuarios. Segundo explicou o rexedor, o vindeiro 1 de abril deixará de funcionar a Tarxeta Verde e o traspasos de diñeiro restante á nova PassVigo empezarán a realizarse a partir do 12 de marzo.
xoves, 15 feb 2018
O alcalde destacou a aceptación "unánime" da nova medida por parte dos cidadáns e dos traballadores da concesionaria de transporte urbano na cidade. Este venres, desde as 22:30 horas, as mulleres poderán solicitar a parada do bus no lugar que decidan da ruta urbana.
luns, 12 feb 2018
Caballero recibiu este luns a representantes da Asociación Galega de Policías Locais e lembrou que o Ministerio de Facenda ten paralizada a tramitación da xubilación voluntaria. "É moi urxente e no lle custaría nada ao Goberno, posto que serían os concellos e os propios axentes os que pagarían", sinalou.
luns, 12 feb 2018
Abel Caballero avanzou que o goberno de Vigo pintará a oitava turboglorieta en García Barbón con Rosalía de Castro en canto a climatoloxía o permita e estuda levala tamén á Praza do Bicentenario. Nas sete que xa funcionan na cidade, a media de redución da siniestralidade ascende ao 55%, revelou o alcalde.
luns, 12 feb 2018
Os autobuses nocturnos permitirán ás mulleres baixarse entre paradas nos servizos nocturnos de transporte para que, dentro da ruta do autobús, as usuarias baixen o máis cerca posible dos seus destinos. Trátase, dixo o rexedor, dunha medida para incrementar a seguridade das mulleres no seus desprazamentos nocturnos.
venres, 9 feb 2018
354 camións de máis de dez toneladas solicitaron ao Concello autorización de paso diario por Sanjurjo Badía, segundo informou hoxe venres o alcalde, peticións que serán denegadas se empregan o vial como mera ruta de paso. O goberno argumenta que os camións pesados merman a calidade de vida dos veciños de Teis, afectan ao transporte urbano e escolar, deterioran o vial e producen contaminación acústica.