O Concello conclúe o novo acceso ao colexio Ramón y Cajal por Marqués de Valterra
O alcalde anunciou que este mesmo venres finalizan as obras, o que supón cambiar o acceso ao CEIP Ramón y Cajal, coñecido como o Picacho, que terá entrada por Marqués de Valterra. Caballero recordou que esta rúa está a ser humanizada e en proceso de "importante rexeración".
Este venres conclúen as obras para dotar ao colexio dun novo acceso por Marqués de Valterra, evitando así a "terrible" entrada actual, en "condicións lamentables", pola parte de abaixo do Ramón y Cajal, segundo explicou Caballero.
"Sorprende", engadiu o alcalde, que a Xunta de Galicia non teña cambiado a entrada ao colexio, acción que vén de acometer o Concello de Vigo, administración que está a humanizar a nomeada rúa e facer desta unha zona "en importante rexeración". Recordou Caballero que, unha vez rematen as humanizacións, Marqués de Valterra terá dous elevadores que a conectarán con Torrecedeira.
Navia
En declaracións aos medios, o rexedor vigués apuntou que o goberno que preside ten aprobado o proxecto da futura biblioteca e sala de usos múltiples de Navia, que conta cun orzamento de 439.000 euros. Trátase dunha "nova dotación cultural na cidade de Vigo", valorou Caballero, e en Navia, que presenta unha importante poboación nova.