venres, 20 abril 2018

O goberno local reclamará a eliminación da peaxe Vigo-O Porriño mentres non sexa realidade a nova autovía

O goberno municipal defenderá no próximo Pleno municipal unha moción na que reclama a inmediata redacción do proxecto da nova autovía Vigo-Porriño, así como as correspondentes partidas orzamentarias e prazos de execución. Asi mesmo, reclaman a gratuidade da peaxe Vigo- O Porriño para que poida ser usada como vía alternativa ata que remate a nova infraestrutura.

O Concello de Vigo aproba axudas para as zonas de rehabilitación de vivendas en Bouzas, Casco Vello, Santa Clara e Coia

venres, 20 abr 2018

A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace á modificación orzamentaria para financiar as reformas nas catro Áreas de Rehabilitación integral (ARIS) de Vigo. Ademais, segundo informou o alcalde, tamén aprobáronse a subvención para o club Seis do Nadal, as becas para emprego pola mocidade e as bases reguladoras para as subvencións da Concellería de Igualdade.

Programación "Festival NAS ONDAS"

venres, 20 abr 2018

A Concellería de Cultura colabora un ano máis co Conservatorio Superior de Música de Vigo para organizar o Festival da música e das artes "NAS ONDAS", que se desenvolverá nos meses de abril, maio e xuño, con distintos ciclos de programación de concertos e actividades: DE PIANO, SAXORNADAS, EXPLURART e ABRENTE.

Mapa literario de Vigo

venres, 20 abr 2018

Este Mapa Literario de Vigo é un proxecto que nace dende a Bilioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas e co se quere amosar a importancia da nosa cidade dentro da literatura. Pretendeses que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo, indicando algún título que quedou atrás ou sumando algunha nova parada ou localización que non estea incluída ou se vaia creando.