mércores, 18 abril 2018

Concello e ADIF firman o convenio para a cesión dos terreos destinados a nova Senda Verde

O alcalde avanzou este mércores que o Concello de Vigo xa dispón do documento de cesión dos terreos para converter a vella vía férrea nunha nova senda verde para peóns e ciclistas. A Administradora de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) firmou o convenio para que a zona pase a ser de titularidade municipal e poida inicia a construción dun novo "espazo de encontro" para os vigueses.

O Concello apoia o Birraseto, o primeiro Festival de Cervexa Artesá e Comida de Rúa

mércores, 18 abr 2018

O concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, participou este mércores na presentación da primeira edición deste evento, do venres ao domingo na Praza do Rei, e animou á cidadanía a achegarse e participar nas distintas actividades, como charlas, concertos, obradoiros infantís e case que cen cervexas artesanais para degustación.