O alcalde avanza que o ano que vén abrirá a nova escola infantil de Bembrive
Segundo explicou, o goberno de Vigo xa puxo a disposición da Fundación Amancio Ortega a parcela de 3.500 m2 no Camiño de Areeiro, que se encargará da súa construción e, en aproximadamente un ano, o Concello asumirá a nova escola infantil de Bembrive e destinará ao seu funcionamento sobre 250.000 euros anuais.
Onte mércores tivo lugar a cesión do solo en favor da Fundación Amancio Ortega, que se encargará da construción da escola infantil no Camiño de Areeiro, en Bembrive, con 82 prazas e seis aulas.
A escola infantil pasará a formar parte da rede municipal tan pronto finalicen as obras, nun prazo estimado dun ano, segundo detallou Caballero. Será entón cando a de Bembrive se sume ás oito escolas infantís das que dispón actualmente o Concello e dota dunha subvención media anual de 250.000 euros por centro. "Esto si que é política social", pois os usuarios "pagan escasamente o 18% do custo", mentres que nas de titularidade da Xunta de Galicia pagan "o 50% do custo".
A rede de escolas infantís municipais está composta polos centros de Saiáns, Lavadores, Teis, Casco Vello, Tomás Alonso, Bouzas, Castrelos e Navia, estas catro últimas abertas baixo a Alcaldía de Abel Caballero, quen apuntou que, cando se engada a de Bembrive á listaxe, serán máis as escolas infantís abertas baixo o seu mandato que as postas en funcionamento "que en todo o resto da historia desta cidade".