O Concello inaugura este xoves o novo campo do Carballal, no que inviste case un millón de euros
Na tarde deste xoves ten lugar a inauguración do campo de fútbol, con novo céspede, equipamento, rego automático e iluminación LED, entre outras melloras. O alcalde recordou que o goberno de Vigo licita a segunda fase da reforma do Carballal, que dotará ao recinto de novos vestiarios e unha bancada para o público.
O total do investimento municipal no campo de fútbol do Carballal, para uso prácticamente exclusivo do Gran Peña, indicou Abel Caballero, ascende a 954.000 euros. O recinto conta agora con herba artificial de última xeración, equipación deportiva completa, sistema de rego automático por aspersión cun novo pozo para dotalo da presión e volume necesaria, nova iluminación LED (a primeira instalación destas características en Vigo), peche perimetral da parcela e o acondicionamento do talude norte e acceso ao monte comunal.
Cando conclúa a tempada futbolística, afirmou Abel Caballero, arrancará a segunda fase da remodelación do Carballal, en fase de licitación, para construir novos vestiarios, servizos e instalacións de fontanería, producción de auga quente sanitaria, saneamento, electricidade e iluminación, ademais de facer unha bancada para o público.