O goberno local apoiará á escola de danza Media Punta para que asista ao Campionato do Mundo
Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello de Vigo apoiará á escola de danza Media Punta para que poidan acudir ao Campionato do Mundo que se celebrará o vindeiro mes de xuño en Sitges (Barcelona). O equipo vigués, que se proclamou hai unha semana campión de España, celebrará tamén un festival no Auditorio Mar de Vigo.
A escola viguesa de danza Media Punta acudirá ao Campionato do Mundo coa colaboración do Concello de Vigo. O alcalde, Abel Caballero, anunciou este xoves que o goberno local cederá o Auditorio Mar de Vigo para recaudar fondos e poder viaxar a Sitges despois de que o equipo solicitara axuda polas complicacións para asumir todos os gastos. O goberno local tamén facilitaralles equipamento deportivo tal e como demandaron.
O equipo de Media Punta gañou a pasada fin de semana o Campionato de España de Danza e clasificouse para o Mundial que se vai a disputar en Sitges (Barcelona) o vindeiro mes de xuño. "Gañaron cunha coreografía espectacular, de calidade superior, interpretaron a Muiñeira de Chantada a ritmo de hip hop e foron oro", sinalou o rexedor.
Durante a súa comparecencia, Caballero explicou que o equipo estará en Sitges desde o 21 de xuño ao 1 de xullo coa peza gañadora no Nacional e con outras catro categorías máis. "Tiñan problemas de financiamento e xa falamos con eles para axudarlles", dixo Caballero. O Concello ven prestándolle axuda a este club desde hai anos.