Escoitar

O goberno de Vigo renova con 53.000 euros o parque infantil da Oficina de Distrito de Teis

O alcalde visitou este venres a instalación de 270 metros cadrados de superficie, ao que o Concello adicou máis de 53.000 euros. Teis contará ademais cun macro parque infantil en Pedro Alvarado, con medio millón de euros de orzamento e inicio de obras o mes que vén, avanzou Caballero.

venres, 20 abr 2018
1524227980ParqueTeis_04.JPG
O alcalde, Abel Caballero, visitou este venres o novo parque infantil, un investimento de 53.000 euros para unha instalación de 270 metros cadrados de superficie e elementos como un circuito de habilidades con tobogán, un carrusel xiratorio, unha ponte de balanceo, columpios e caseta de xogos.

É un "parque infantil notable nun sitio importante de Vigo e de Teis", asegurou Caballero, que avanzou que o próximo mes arrancarán as obras do novo "macro parque infantil" de Pedro Alvarado. O goberno de Vigo adica ao respecto medio millón de euros. "Queremos esta convivencia entre macro parques infantís con outros de proximidade", revelou o rexedor, como o da Oficina de Distrito de Teis.
1524227980ParqueTeis_04.JPG
1524227905ParqueTeis_03.JPG
1524227924ParqueTeis_02.JPG
Descargar todas as imaxes