Escoitar

Vigo, "sen resposta" á conexión de Buenos Aires coa autopista

O alcalde denuncia "varas de medir distintas" de Fomento e Xunta de Galicia en Vigo e en Santiago, toda vez que o Ministerio publica no BOE a obra de conexión entre a AP9 e a Cidade da Cultura -na que a Xunta pagou as expropiacións- mentres que Vigo continúa "sen ter resposta" á demanda de conexión de Buenos Aires coa autoestrada.

luns, 30 abr 2018
1525092683AlcaldeAutopista.JPG
O Ministerio de Fomento, revelou este luns Abel Caballero, publicou no Boletín Oficial do Estado do pasado sábado o enlace entre a autopista coa Cidade da Cultura, a "obra de conexión dunha parte de Santiago coa autopista" por valor de 2,3 millóns pagados por Fomento, despois de que a Xunta de Galicia fixese fronte ás expropiacións.

Pola contra, asegurou o alcalde, "en Vigo seguimos sen ter resposta á conexión de Buenos Aires co centro da cidade a través da autopista", e ademais de ter en obras en acabar a A55 e a AP9, "coa peaxe subida". Abel Caballero censurou que "claro que hai varas de medir completamente distintas" por parte das citadas administracións.
Descargar todas as imaxes