Escoitar

O Concello inicia a ampliación da senda do Lagares desde a Avenida de Madrid hasta Cabral

Abel Caballero avanzou este luns que o goberno local iniciou o expediente de expropiación para levar a cabo a ampliación da senda fluvial do río Lagares entre a Avenida de Madrid e a rúa Manuel Álvarez. "Será a primeira vez na historia da cidade que dispoñamos dun paseo desde Samil ata Cabral", sinalou.

luns, 30 abr 2018
O Concello de Vigo iniciou a construción da nova senda fluvial do río Lagares, no tramo que vai desde a Avenida de Madrid ata a rúa Manuel Álvarez, coa aprobación do expediente para as expropiacións de parcelas que permitirá levar a cabo a actuación.

Segundo explicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, está previsto que nas vindeiras semanas sometamos a información pública as expropiacións dun total de 100 parcelas que abarcan unha superficie total próxima ao 18.000 metro cadrados. "Por primeira vez na historia da cidade disporemos dun paseo fluvial completo ao longo do río Lagares, desde Samil ata Cabral", sinalou o rexedor.

O novo tramo fluvial terá unha lonxitude de 3.300 metros e unha anchura mínima de 5 metros. Cun orzamento de 776.000 euros, actuación inclúe cinco demolicións, desde unha ponte de formigón a dous alboios e dous peches.