CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE DEPORTIVA DA TEMPADA 2017/2018

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 12 de abril de 2018, adoptou o seguinte acordo: Aprobar as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo sen ánimo de lucro para as actividades e proxectos deportivos da tempada 2017/2018 (BOP 19 de abril de 2018), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2018 con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 850.000,00 euros (oito centos cincuenta mil euros).

venres, 27 abr 2018
Esta convocatoria, está destinada a Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria, co obxecto de contribuír a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2017/2018.

Tal como establecen as bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 10 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
As bases e os anexos desta convocatoria atópanse dispoñibles ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org e na Concellería de Deportes (Pta. 10ª do Concello de Vigo).