O goberno de Vigo adxudica as humanizacións da rúa Colombia e da Vía Norte
Abel Caballero recordou que o orzamento de licitación de ambas obras achégase aos 2,8 millóns de euros. A humanización da rúa Colombia comeza nesta primeira fase no treito comprendido entre a Praza Isabel a Católica e Couto Piñeiro, mentres que a Vía Norte suporá a remodelación do tramo que une Urzáiz e Escultor Gregorio Fernández.
Despois da Xunta de Goberno Local, o alcalde compareceu en rolda de prensa para informar da adxudicación da humanización da primeira fase da rúa Colombia, que saíu a licitación por importe próximo ao medio millón de euros.
"É unha obra importantísima nunha rúa moi deteriorada", explicou Abel Caballero, quen avanzou que o prazo estimado de obras é de seis meses e suporá un novo pavimento, novas redes de saneamento, rego e alumeado público, novas luminarias, mobiliario urbano, papeleiras e ornamentación. O abastecemento, detallou o rexedor, xa fora cambiado baixo o seu mandato.
No tocante á Vía Norte, o alcalde informou da clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- dunha nova fase da humanización do vial, neste caso entre as rúas Urzáiz e Escultor Gregorio Fernández.
Aquí, o Concello reserva unha partida de 2,3 millóns de euros para unha remodelación cun tempo estimado de execución de dez meses. As melloras, citou Caballero, inclúen a renovación dos pavimentos, novas redes de abastecemento, saneamento e pluviais, da iluminación exterior e da semaforización, xunto a espazos verdes e mobiliario urbano.
Abel Caballero asegurou que a Vía Norte estivo "abandonada por alcaldes anteriores" e avanzou que esta humanización estará rematada antes de que conclúa a obra da nova estación de Thom Mayne en Urzáiz.