A modificación da Ordenanza do Taxi introduce medidas para evitar o intrusismo no sector
PSOE e Marea deron luz verde á modificación da Ordenanza Municipal reguladora do Servizo de Taxi para garantir unha axeitada regulación do servizo. Coa abstención dos concelleiros populares, o Pleno validou un texto consensuado co sector que incorpora medidas para evitar o intrusismo e mellorar a rendabilidade.
O Pleno aprobou esta mañá unha modificación da Ordenanza Municipal reguladora do Servizo de Taxi na cidade de Vigo para adaptar a ordenanza ás novas circunstancias e garantir unha axeitada regulación do servizo público do taxi. Tal e como lembrou a concelleira de Transportes, Ángeles Marra, é momento de introducir cambios nun regulamento que se aprobou en 2015 para seguir mellorando, dignificando e modernizando o servizo.
O texto aprobado e consensuado co sector incorpora as modificacións introducidas na Lei 4/2013 de transporte público de persoas en vehículos de turismo por la Lei 13/2015 de medidas fiscais e administrativas, o que supón incorporar medidas que contribúen á sostenibilidade e rendabilidade do servizo e medidas para evitar o intrusismo e incentivar aos cidadáns para usar este servizo.
Entre outras cuestións, explicou Marra, suprímese a placa identificativa do S.P. ao non ser obrigatorio xa na lexislación do transporte ao estar perfectamente identificado o vehículo e supresión do BTP ao non ser obrigatorio desde o 1 de xaneiro de 2016. Para atallar o intrusismo e diferenciar aos taxis da cidade, figurará no capó a bandeira da cidade formada por triángulos que ocuparán todo espazo. A publicidade das portas traseiras poderá ocupar a totalidade das portas e na parte posterior do vehículo tamén se poderá colocar publicidade, sempre que se respecte a imaxe unificada do taxis que se estableza
Tamén se inclúe a realización de dúas probas ao ano para a obtención do permiso municipal de condutor de taxi dada a demanda que se ven detectando nos últimos anos así como a necesidade de coidar o aspecto e aseo persoal á hora de prestar o servizo, quedando prohibido o uso de chándal, pantalóns curtos, camisetas de tirantes ou chancletas. A ordenanza recolle a obrigatoriedade de que os vehículos estean en óptimas condicións en canto a hixiene, limpeza, comodidade e estado de conservación. Na súa intervención, a concelleira destacou que os usuarios poderán ir acompañados de cans guía no caso de persoas cegas ou con deficiencia visual, así como de cans de servizo no caso de persoas con discapacidade física recoñecida.
Pola súa banda, o voceiro de en Marea avanzou o seu voto favorable ao tempo que insistiu en incluír o rescate de licenzas. O Partido Popular defendeu que se contemple a revogación por oportunidade do interese público, por exemplo, ante unha baixada da demanda ou exceso de oferta.