Escoitar

O Concello promove un curso de horta ecolóxica na Casa de Xuventude

Nesta primavera, o goberno de Vigo ofrece formación teórica e práctica sobre a horta ecolóxica, o ciclo de cultivo e o consumo saudable, segundo informou este luns Abel Caballero, para persoas de entre 13 e 35 anos. O alcalde recordou que o Concello conta con nove hortas urbanas na cidade.

luns, 23 abr 2018
Desde o 2 de marzo e ata o mes de xuño, o Concello imparte un curso de horta ecolóxica na Casa da Xuventude para idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos. O obxectivo municipal é dotar aos participantes dos coñecementos e ferramentas necesarias para emprender unha pequena horta propia.

O curso ten lugar na propia Casa da Xuventude, emprazada en López Mora, e se celebra os martes en horario de tarde (de 17 a 19 horas) e os xoves en horario de mañá (de 11 a 13 horas). Os interesados poden informarse no propio centro e inscribirse no teléfono 986 294806 ou no mail xuventude@vigo.org

A formación é teórico práctica, con coñecementos sobre a horta ecolóxica, os periodos de cultivo e o consumo saudable que os inscritos o aplicarán durante un ciclo completo, ben primavera, ben outono.

Hortas urbanas
Abel Caballero recordou que o goberno que preside puxo en funcionamento un total de nove hortas urbanas. Así, ademais da existente na Casa da Xuventude, Vigo conta con parcelas en Navia, Pedro Alvarado, Sardomela, Fontáns, dúas en Ramón Nieto, Camelias e en VigoZoo. Actualmente o número de persoas que toma parte no proxecto municipal de hortas urbanas ascende ao millar. "É un programa de gran éxito", asegurou Caballero.