Vigo segue a ser a primeira cidade de España en pago a provedores no primeiro trimestre de 2018
O portal do Ministerio de Facenda volve a colocar a Vigo como a cidade que primeiro paga aos seus provedores, tal e como explicou esta mañá o concelleiro de Facenda nunha sesión Plenaria na que tamén deu conta do bo estado de execución orzamentaria do primeiro trimestre do ano.
O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, deu conta esta mañá do informe trimestral dos prazos para o pago das obrigacións do primeiro trimestre de 2018. Segundo o portal do Ministerio de Facenda, Vigo paga 15 días antes de que comece o período de pago, xa que a Administración ten 30 días para aprobar o documento acreditativo da prestación do servizo ou recepción de obra e outros 30 días para proceder ao pago. Os datos do primeiro trimestre amosan no conxunto das corporacións locais o período medio de pago está en +58,50 días. Das cidades de máis de 100.000 habitantes e capitais de provincia, Vigo é a que antes paga, por diante de Barcelona ou Madrid, entre outras moitas. O ratio de operacións pagadas foi de (-15,12) e o importe, so no mes de xaneiro, foi de 13 millóns de euros. Tal e como detallou Aneiros, fixéronse 3.900 pagos sen xuros de demora, o que "redunda en beneficios para as familias, ás empresas e ao tecido produtivo da cidade".
O responsable de Facenda tamén deu conta esta mañá do estado de execución do estado de gastos e ingresos do Orzamento correspondente ao primeiro trimestre do ano, así como do movemento de Tesouraría por operacións orzamentarias e non orzamentarias. Na súa intervención avanzou que os índices de execución son similares aos de anos anteriores e se se está a realizar unha boa xestión económica. O importe de gastos realizados ascende a 32 millóns neste primeiro trimestre, en áreas como fomento do emprego, humanizacións, obras de Balaídos, construción de instalacións deportivas, parques e xardíns, transporte, escolas infantís ou investimentos en política social.
Respecto das críticas da oposicións sobre os impostos e taxas municipais, Aneiros lembrou que Vigo é a cidade con menor presión fiscal de Galicia, con 510 euros, moi por debaixo de A Coruña (622 euros), Ourense (655 euros), Lugo (564 euros) ou Pontevedra (615 euros).