A Corporación pide a Sanidade que Vigo volva ser referencia para os pacientes de Cirurxía Cardíaca
Os votos de PSOE e Marea serviron para aprobar unha moción do grupo municipal socialista na que reclaman á Xunta que as unidades e servizos do Complexo Hospitalario de Vigo sexan referencia para a poboación da área sanitaria de Pontevedra e do Salnés.
O Pleno Municipal da Corporación de Vigo aprobou cos votos do PSOE e da Marea una moción instando á Consellería de Sanidade que a poboación da área sanitaria de Pontevedra e do Salnés volvan ter como referencia para Cirurxía Cardíaca, Plástica, Torácica, Pediátrica, Hemodinámica e Fecundación in Vitro, as unidades e servizos dispoñibles no Complexo Hospitalario de Vigo.
O concelleiro Cayetano Rodríguez Escudero alertou respecto aos recortes territoriais e poboacionais na área de Vigo e solicitou a dimisión do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, por ser "incapaz de cumprir os seus propios compromisos cos profesionais e os cidadáns".
Desde Marea de Vigo, a concelleira Margarida López Barreiro defendeu que a referencia "natural" ten que ser o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo por accesibilidade. Pola súa banda, Teresa Egerique, edil do PP, mostrouse contraria ao cambio, posto que "as cousas van ben e o servizo mellora desde que está Almuiña, polo que non temos que cambiar nada".
Risga
Ademais, o grupo municipal da Marea de Vigo sacou adiante unha moción co apoio dos votos do PSOE instando á Xunta de Galicia a que o proxecto de Decreto de Desenvolvemento da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia, no relativo á tramitación da Renda de Inclusión Social e de Axudas, incorpore as medidas para que as contías da Risga se acheguen ao indicador de pobreza e exclusión social.