Escoitar

O Concello celebrará Os Maios con obradoiros e música en todas as zonas da cidade

A partir do luns 30 de maio, o Concello iniciará a celebración de Os Maios no Calvario, en Navia, en Coia, na Praza Independencia, en Bouzas e máis en Teis. Tal e como explicou o rexedor, haberá actividades infantís, obradoiros, música e danza. <br />

venres, 27 abr 2018
O Concello arrancará a celebración de Os Maios o luns 30 de abril no Calvario, e seguirá o sábado seguinte, en Navia. Trátase, explicou dunha festa que lembra como o traballo de recollida dos froitos de primavera. O "maio" é unha construción adornada con elementos vexetais e froitos do campo en torno a o que se baila e se cantan coplas. Dirixido ao público infantil, organizaranse actividades informativas sobre o evento como a construción dos "maios", cantigas ou danzas tradicionais.

O calendario seguirá o martes 8 de maio, en Coia (Praza da Gurulla); o mércores 9 de maio será a quenda na Praza Independencia; o venres 11 de maio a festa chegará á Bouzas (Alameda de Suárez), mentres que o sábado 12 de maio a cita será fronte ao Mercado de Teis.