mércores, 2 maio 2018

O Concello presenta as IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR

mércores, 2 mai 2018

Os días 3, 7, 8, 9 e 10 de maio o Auditorio do Concello de Vigo albergará baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán uns 340 actores e actrices noveis pertencentes a 10 centros de educación primaria e aos alumnos/as dos grupos de Dramatización e Básico 9-11 anos da Escola Municipal de Teatro. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.