Os Coidadores de Barrio atenderon a máis de 150 persoas na segunda quincena de marzo
Máis de 1.000 servizos prestados e máis de 150 persoas atendidas. Estes son os datos da primeira quincena de traballo dos Coidadores de Barrio tras o seu regreso ao Casco Vello, Calvario, Teis, Travesas, Coia e Bouzas o pasado 12 de marzo. O alcalde destacou a acción de ámbito social que desenvolven os traballadores coa xente de maior idade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores dos servizos prestados polos Coidades de Barrio durante a súa segunda quincena de marzo. Un total de 1.070 intervencións e 154 persoas atendidas desde que regresaron ao traballo o pasado 12 de marzo.
"Estamos ante un gran acción de ámbito social que conta co financiamento ao 100% polo Concello", sinalou o rexedor durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación. O servizo reiniciado en marzo conta cun investimento de 1,08 millóns de euros para atender durante os dous vindeiros anos aos barrios de Calvario, Casco Vello, Teis, Travesas, Coia e Bouzas.
Os Coidades de Barrio atenden aos veciños de 9 a 14 horas e de 15 a 20 horas para ofrecer servizos básicos como acompañamentos ao médico, seguimentos, visitas, saídas á rúa, axudas a familias con nenos para facer a compra, información, farmacias, etc.
Segundo os datos aportados polo alcalde, os traballadores atenderon a persoas de todas as idades, pero a maioría ten entre 70 e 100 anos, cun total de 120 usuarios. En calquera caso tamén foron atendidos 10 menores de 15 anos e 24 persoas de entre 20 e 70 anos.