Escoitar

O Concello incorpora a reforestación á V Andaina polos Montes de Vigo, de ata 39 quilómetros

O alcalde presentou este mércores a nova edición da Andaina polos Montes de Vigo, o 13 de maio, que este ano suma a reforestación aos seus obxectivos tras a vaga de lumes do pasado mes de outubro. As inscripcións, abertas para os catro percorridos, de entre 7 e 39 quilómetros.

mércores, 2 mai 2018
1525264433Andaina_01.JPG
Abel Caballero invitou á cidade a sumarse á V Andaina polos Montes de Vigo, que este ano terá lugar en boa parte polos montes onde máis impactaron os lumes de mediados de outubro (Cabral, Bembrive, Beade, Zamáns, Valladares, Comesaña e Matamá) e incorpora a reforestación aos seus obxectivos, cunha plantación que terá lugar no outono.

O alcalde presentou este mércores esta iniciativa medioambiental -enmarcada no programa Camiño a Camiño-, que terá lugar o domingo 13 de maio con catro opcións a percorrer polos participantes, de 7 a 39 quilómetros. O Concello conta este ano coa colaboración de Montes de Vigo e o patrocinio de Vegalsa Eroski e de Coca Cola. As inscripcións están abertas ata o 11 de maio no 010 ou no blog do Camiño a Camiño.

En total o percorrido é de 39 quilómetros e conta cunha rica combinación de espazos naturais singulares, de patrimonio e de vistas panorámicas de Vigo e bisbarra. O traxecto divídese en tres tramos e cada participante poderá escoller percorrido entre catro combinacións posibles.

Tramos
Tramo 1: IFEVI – Parque Forestal de Cotogrande (Cabral) – Gorxal – Rotonda do Rebullón – Área Recreativa do Pouso (Bembrive). Distancia: 9,3 quilómetros. Duración: 2 horas. Conecta co tramo 2. Convocatoria na Praza do Rei: 7:00. Inicio estimado: 8:15 en IFEVI

Tramo 2: Área Recreativa do Pouso (Bembrive) – Aldea da Fraga (Bembrive) – Fonte de Friales (Beade) – Alto de Quintiáns (Beade) – Parque Forestal de Beade – Rotonda do CUVI – Montes de Sobreira (Valladares) – Polígono Industrial A Pasaxe – Monte Alba – Parque Forestal Monte dos Pozos. Distancia: 22,4 quilómetros. Duración: 5 horas. Conecta co tramo 3. Convocatoria na Praza do Rei: 8:30. Inicio estimado: 9:30 en Área Recreativa do Pouso

Tramo 3: Parque Forestal Monte dos Pozos – Parque Forestal de Aguieira (Comesaña) – Antiga Incineradora – Parque Foresta do Maruxento (Matamá) - Parque Forestal Monte dos Pozos. Este tramo pode ser modificado en función do estado do terreo. Distancia: 7,3 quilómetros. Duración: 2 horas. Convocatoria na Praza do Rei: 10:00. Convocatoria no Parque Forestal de Beade: 10:30. Inicio estimado: 11:30 en Parque Forestal de Monte dos Pozos.

Percorridos
Percorrido 1. Andaina completa (39 quilómetros, 9 horas): Tramo 1 + Tramo 2 + Tramo 3.
Percorrido 2. Andaina media 1 (31,7 quilómetros, 7 horas): Tramo 1 + Tramo 2
Percorrido 3. Andaina media 2 (22,4 quilómetros, 5 horas): Tramo 2
Percorrido 4. Andaina curta (7,3 quilómetros, 2 horas 30 minutos): Tramo 3

Pequerruta e Ruta adaptada
Dentro do programa de actividades que a Concellería de Medio Ambiente ten programadas para persoas con mobilidade reducida incorpórase un tramo adaptado dentro do percorrido curto. Neste tramo empregarase as tres sillas que permiten realizar esta actividade. Para realizar esta actividade é preciso inscribirse no percorrido curto da Andaina.

Aquelas familias con cativos pequenos que queiran participar poderán facelo na Pequerruta, que se realizará no entorno do Parque Forestal Monte dos Pozos. Para realizar esta actividade é preciso inscribirse no percorrido curto da Andaina.
Descargar todas as imaxes

Máis información