xoves, 14 set 2017
Caballero reclamou esta mañá a eliminación das restricións do Ministerio de Facenda á contratación de policías locais. Deste xeito, Vigo podería contar en breve con 23 axentes máis, que se sumarían ás 42 prazas que xa están convocadas ou a punto de convocarse polo que o cadro de persoal completaría as 403 prazas -as que figuran na RPT-, explicou.
mércores, 13 set 2017
As actuacións do servizo municipal de bombeiros aumentaron nun 20% no último ano, segundo datos ofrecidos esta mañá polo concelleiro de Seguridade, Carlos López Font. Na súa intervención cualificou de "magnífico" o labor que realizan, poñendo en valor a súa dotación persoal e material.
martes, 12 set 2017
O Concelleiro de Tráfico e Seguridade fixo balance das actuacións da Policía Local no primeiro semestre de 2017, no que realizou 763 intervencións no ámbito rural e o medio ambiente, 422 con coches abandonados e 239 de servizos humanitarios.
mércores, 30 ago 2017
Os novos semáforos que se instalan na cidade están dotados con últimas tecnoloxías para facilitar a seguridade e a accesibilidade. Con ese obxectivo, o Concello renovou nos tres últimos anos a terceira parte dos equipos semafóricos da cidade.
martes, 29 ago 2017
O rexedor deu conta esta mañá da reunión que mantivo onte luns en Madrid co ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, nun encontro no que acordaron que sexan as xuntas locais de seguridade as que decidan que medidas de seguridade adoptar en cada cidade. Tamén coincidiron ao resaltar a importancia na loita antiterrorismo das policías locais, con máis de 70.000 axentes en España.
martes, 22 ago 2017
Caballero anunciou hoxe martes, e durante dous meses, o peche ao tráfico da Avenida, no tramo que linda co estadio de Balaídos, para a montaxe da estrutura metálica que soportará a nova cuberta da bancada de Río. O tráfico desvíase polas rúas Olímpicos e Val Miñor, que pasan a ser de dobre sentido de circulación.
luns, 21 ago 2017
Abel Caballero mantivo un encontro este luns con membros da Unión Federal de Policía que lle propuxeron que Vigo acolla en 2018 os actos do Patrón Nacional dos Anxos Custodios, que se celebra cada 2 de outubro. O alcalde cre que é un "bo momento" para que a Policía Nacional celebre o seu "día máis importante" na cidade e compromete o seu apoio á organización dos actos. Adiantou tamén que se poñerá en contacto co Ministro do Interior de cara á conmemoración desta data en Vigo o vindeiro ano.
venres, 18 ago 2017
Abel Caballero comunicoulle á directiva da comunidade de veciños do número 203-205 da rúa Travesía que o Concello manterá o operativo de vixilancia posto en marcha para ofrecerlles seguridade fronte ás ameazas dos ocupantes dunha das vivendas.
xoves, 17 ago 2017
O alcalde informou este xoves do corte da circulación na Avenida entre as rúas Val Miñor e Olímpicos para instalar as estruturas da cuberta da grada de Río de Balaídos e apuntou que as obras "seguen os prazos previstos".
venres, 4 ago 2017
Caballero recibiu esta mañá a parte do equipo que representará a Vigo nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros que se celebrarán en Los Ángeles entre o 7 e o 16 de agosto. Estes axentes locais, aos que o alcalde desexou o mellor dos éxitos, formarán parte da delegación española e competirán na modalidade de fútbol indoor contra outros 23 equipos de todo o mundo.