Escoitar

O Concello imparte educación viaria a máis de 6.500 escolares vigueses

O alcalde visitou este mércores o Parque Infantil de Tráfico do Castro onde o alumnado do CEIP Nuestra Señora de la Esperanza recibiu formación en educación viaria por parte da Policía Local.

mércores, 8 nov 2017
1510146383eduvial.JPG
O obxectivo do Concello é ofrecer contidos prácticos ao alumnado dos centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, durante o período lectivo, coa observación directa do comportamento dos peóns e dos vehículos na contorna na que se moven os escolares. Máis de 6.500 alumnos vigueses recibirán a formación durante o curso escolar e reforzarán nas aulas os contidos aprendidos.

Este mércores, Abel Caballero achegouse ás instalacións do Parque Infantil de Tráfico do Castro onde os axentes da Policía Local impartiron nocións básicas de educación viaria aos estudantes do CEIP Nuestra Señora de la Esperanza.
Descargar todas as imaxes