Escoitar

O alcalde eloxia os obradoiros de nutrición saudable que se organizan no mercado de O Progreso

Ao redor de 250 alumnos recibirán formación sobre alimentación e cociña saudable nuns obradoiros que o Concello organiza no mercado de O Progreso, en colaboración con Vegalsa. Ao longo desta semana os estudantes recibirán nocións sobre elaboración de receitas ou interpretación de etiquetado dos produtos de pesca.

mércores, 8 nov 2017
1510145890cocina.JPG
O alcalde visitou esta mañá o obradoiro de nutrición saudable que o Concello está a impartir no Mercado de O Progreso e no que participan alumnos de 3º e 4º de primaria de distintos centros de Vigo. Ao longo de toda esta semana serán 250 alumnos aproximadamente os que reciban formación sobre hábitos alimenticios saudables.

Esta mañá, un grupo de 33 alumnos do CEIP Lope de Vega aprenderon a interpretar o etiquetado dos alimentos co obxectivo de que se familiaricen co contido obrigatorio que debe aparecer nas etiquetas dos produtos de pesca. Ademais, os profesores recibirán material didáctico co que traballar posteriormente nas aulas. Todos os nenos e nenas participantes serán convocados máis adiante para acudir á festa culinaria "Sanifesta". Estes obradoiros organízanse en colaboración con Vegalsa, aos que o rexedor agradeceu a súa implicación en moitas actividades na cidade.
Descargar todas as imaxes