O Concello apoia aos comedores sociais da cidade con 238.000 euros
O alcalde puxo en valor este mércores que "a inmensa maioría dos comedores sociais de Vigo teñen apoio do Concello", achegas que totalizan 238.000 euros a través do Banco de Alimentos, AFAN, Comedor da Esperanza, Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres e Vida Digna.
O alcalde detallou que o goberno que preside adica 58.000 euros ao Banco de Alimentos, 55.000 a AFAN, 57.000 euros ao convenio cos Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres, 23.000 euros para o Comedor da Esperanza e outros 45.000 euros para Vida Digna.
Ademais, Caballero engadiu que o Concello destina 70.000 euros ao programa Xantar na Casa, reserva 2,5 millóns de euros para o plan municipal contra os desafiuzamentos, case dous millóns de euros para axudas de comedor escolar e unha nova partida de 350.000 euros para bolsas ao alumnado da Universidade de Vigo, entre as que haberá tamén para o comedor.