O alcalde esixe á Xunta a construción "urxente" do azud e a redución do caudal ecolóxico en Eiras e Zamáns
Cos encoros ao 41% da súa capacidade e as previsións climatolóxicas, Abel Caballero apuntou que Vigo entraría en fase de escasez severa -menos de 70 días de subministro- a comezos de decembro. O alcalde pide á Xunta a adopción urxente de medidas, como a redución do caudal ecolóxico e a construción do azud entre os ríos Verdugo e Oitavén.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que Eiras se atopaba o luns ao 40,97% e Zamáns ao 40,87% da súa capacidade polo que reiterou a súa esixencia á Xunta de Galicia de que constrúa "pola vía de urxencia" o azud entre os ríos Verdugo e Oitavén, ademáis de reducir "mañá mesmo" o caudal ecolóxico dos encoros -a auga derivada destes aos ríos-. "Quero volver repetir á Xunta de Galicia que ten que tomar estas dúas decisións inmediatas", insistiu o rexedor ante a seca.
Caballero recordou que o Concello conta cun plan de emerxencia ante a seca e Vigo está na fase de alerta, ao ter menos de cen días de subministro. A planificación municipal contempla para este estadio a información pública da situación, a intensificación da busca de fugas na rede, enchido de piscinas, e a supresión de regos, baldeos, fontes que non sexan de circuíto pechado e bebedeiros en continuo. "Sigamos aforrando o máximo de auga posible", recomendou á cidadanía.
Tendo en conta o volume que presentan os encoros e as actuais previsións climatolóxicas, o goberno de Vigo estima que a cidade entraría a comezos de decembro na fase de escasez severa, con menos de 70 días de subministro garantido, adoptando máis medidas para o aforro de auga. Esta é a segunda das tres etapas recollidas no plan de emerxencia, que conclúe con situación de emerxencia cando as reservas están por debaixo dos 40 días de auga.