Caballero visitou os cursos de educación vial que imparte o Concello no Colexio Calasancias
O alcalde de Vigo achegouse este luns ao centro educativo, onde o Concello está a formar na "concienciación e educación" do seu alumnado en seguridade viaria, en verbas de Abel Caballero.
O Concello de Vigo realiza esta formación viaria en centros de Educación Infantil, Primaria e Secundaria da cidade, ao longo do curso escolar: desde setembro ata xullo. Os cursos tamén son impartidos en sete centros de saúde.
O alumnado puido aprender do comportamento de peóns e vehículos no seu entorno, unha aprendizaxe que se reforza na aula con novos contidos a aplicar na súa vida diaria.
Descargar todas as imaxes
O alumnado puido aprender do comportamento de peóns e vehículos no seu entorno, unha aprendizaxe que se reforza na aula con novos contidos a aplicar na súa vida diaria.