O goberno local adica máis de 3 millóns a construír ou remodelar 11 parques infantís
A Xunta de Goberno adxudicou as obras de ampliación do parque infantil da rúa Venezuela o que suporá convertelo nunha área de recreo de case 1.000 m2. Xunto con esta remodelación, o Concello tamén está a traballar na reforma ou ampliación das seguintes zonas de xogo: Barreiro, Praza Independencia, Navia, Bouzas, Pedro Alvarado, Praza Elíptica, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente, Navia Vella e Monte Vixiador. O orzamento supera os tres millóns de euros. <br />