venres, 3 novembro 2017

O alcalde avoga pola loita de toda a sociedade contra a violencia de xénero

venres, 3 nov 2017

Abel Caballero participou este venres na inauguración das II Xornadas Municipais: Unidas contra as violencias machistas. O camiño cara ao Pacto de Estado, que durante dous dúas abordarán esta lacra con diferentes expertas e expertos na materia. O rexedor defendeu os dereitos da muller e destacou a importancia do papel da sociedade no seu conxunto e das administracións na loita para erradicar a violencia de xénero.

Caballero anima a cidadanía a que se envorque na carreira solidaria Érguete e Corre o domingo 12

venres, 3 nov 2017

O alcalde presentou hoxe a terceira edición de Érguete e Corre, unha "gran proba de atletismo", como a definiu o rexedor, e ademais agradeceu a aposta de varias firmas privadas "que sempre están apoiando as movilizaciones deportivas", posto que na rolda de prensa, ademais do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, acudiron a presidenta de Érguete, Carmen Avendaño, o padriño desta edición, Daniel Bargiela, e varios patrocinadores.