Caballero felicita en ARVI aos promotores de tres catálogos sobre a sostibilidade da pesca conxelada
O alcalde felicitou aos promotores dos tres catálogos de pesca conxelada que esta mañá se presentaron na Cooperativa de Armadores. Estas publicacións son unha recopilación das accións que se están a levar a cabo en tres ámbitos: medio ambiental, económico e social.
O alcalde de Vigo participou esta mañá na presentación de tres catálogos sobre a sostibilidade da pesca conxelada elaborados pola Organización de Produtores de Buques conxelados de merlúcidos, cefalópodos e especies varias (OPPC3). Na súa intervención felicitou aos traballadores dun sector no que Vigo segue a ser punteira. Eloxiou o traballo desenvolvido desde as empresas cumprindo sempre co medio ambiente e coa sostibilidade. Estes catálogos son unha recopilación das accións que se están a levar a cabo en tres ámbitos: medio ambiental, económico e social.
Descargar todas as imaxes