O Concello e a Fundación Telefónica formarán a 25 vigueses na linguaxe de programación JAVA
O alcalde, Abel Caballero, tomou parte este xoves na presentación pública, xunto á directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e o director de Relacións Institucionais e Coordinación Territorial da Fundación Telefónica, Joan Cruz. O curso formará durante cinco meses a alumnado de entre 18 e 35 anos nunha das linguaxes de programación con máis demanda no sector tecnolóxico.
Segundo explicaron ante os medios, este itinerario de emprego é gratuito e formará a 25 mozos e mozas da cidade de ata 35 anos nunha das linguaxes de programación con máis demanda no sector tecnolóxico: o JAVA.
A formación arrancará o 24 de novembro e prolongarase durante cinco meses. O curso proporcionará ao alumnado os coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver aplicacións web multiplataforma, empregando unha das linguaxes máis demandadas polas empresas.
Algunhas das habilitades a impartir nesta formación será a arquitectura de app para web, deseño e integración web, desenvolvemento na capa cliente, base de datos MySQL, metodoloxías áxiles, desenvolvemento con Java Enterprise Edition ou Frameworks para JAVA EE, entre outras.
Durante os cinco meses, os inscritos reciben unha formación teórico-práctica sobre tecnoloxías e metodoloxías de programación utilizadas na industria y validadas polas empresas colaboradoras. Conta coa dirección de expertos e referentes no sector da programación.
O proxecto quere servir de ponte coas empresas. Así, como peche do curso, os alumnos/as elaborarán e presentarán os seus proxectos ante compañías tecnolóxicas punteiras, propostas que parten da necesidade real do sector privado, co que colaboran activamente para a súa realización.
Aqueles interesados en entrar no proceso de selección poden inscribirse no apartado "Emprego Dixital" da páxina web da Fundación Telefónica.
Descargar todas as imaxes