Escoitar

Vigo contará cun orzamento en 2018 de 256 millóns, con 34 para inversións e máis de 15 para política social

O Concello de Vigo contará cun orzamento de máis de 256 millóns para 2018, un 10% máis do que recollían as contas do ano en curso. Tal e como recalcou o rexedor, este aumento rexístrase nunha situación de débeda cero, coa presión máis fiscal máis baixa de Galicia e con superávit durante sete anos consecutivos. Os investimentos pasan de 16 a case 34 millóns grazas a achegas da Unión Europea e da Deputación.

xoves, 2 nov 2017
1509634048presu.JPG
O alcalde de Vigo destacou esta mañá que o orzamento de 2018 é o undécimo ininterrompido que ten a cidade o que revela a estabilidade política e económica da que goza Vigo desde 2007. Na presentación das contas municipais á prensa, insistiu en que o goberno aprobará o orzamento de forma definitiva o 27 de decembro o que "probablemente a converterá na primeira gran cidade en España co orzamento aprobado". Referiuse aos 256.542.696 millóns do orzamento consolidado de 2018 como a cifra máis alta da historia e un 10,06% superior a 2017 (233.094.593 millóns). Estes 23,5 millóns de aumento non implicarán un incremento de presión fiscal -que se mantén como a máis baixa de todas as cidades galegas- senón que proceden de fondos europeos. Caballero salientou a solvencia das arcas públicas, con débeda cero, superávit nos últimos sete anos, o máis breve período de pago pagadores a provedores e con 7,2 millóns en beneficios fiscais.

Respecto das grandes cifras do orzamento, as inversións se multiplican por 2,1, pasando de 16.221.498 millóns en 2017 a 34.737.257 euros; en política social, o gasto crece nun 4,02%, desde 14.287.342 euros a 14.861.686 euros; en emprego, aumentouse nun 6,11%, pasando de 5.022.184 a 5.329.053 euros; en ensino, o crecemento elévase ao 5,83%, desde 14.257.309 a 15.089.121 euros; en cultura, o investimento en 2017 era de 11.417.442 e agora é de 13.110.452 euros, o que supón un crecemento de case un 15%; en deporte o aumento é de 31,08%, pasando de 12.475.399 a 16.352.665; o gasto de comercio e turismo sube nun 2,41%, o que eleva o orzamento desde 5.357.596 a 5.486.520 millóns. Na rolda de prensa, o alcalde singularizou ademais os case dous millóns adicados a bolsas de inglés (1.924.000 euros), o que supón un crecemento de 264.000 euros (+5,86%) respecto ao ano pasado.

Investimentos
O capítulo de investimentos arrancou coa gran reforma do Parque de Bombeiros de Balaídos (810.000 euros); avenida de Europa (expropiación de terreos e primeira anualidade de urbanización) (800.000 euros); mellora paseo do Lagares (157.000 euros); carril bici Teis: (1.400.000 euros); estación AVE (327.000 euros); humanización terreos Adif Serafín Avendaño-Canadelo Baixo (100.000 euros); humanización Rúa Pazos, Menéndez Pelayo-López Mora (136.000 euros); humanización García Barbón -entre Serafín Avendaño e Rosalía de Castro- (100.000 euros); humanización García Barbón -entre Rosalía de Castro e Isaac Peral-(100.000 euros); humanización Ronda don Bosco (100.000 euros); mellora de infraestruturas en parroquias (430.000 euros); humanización Gregorio Espino fase 3: (100.000 euros); Convenio Deputación (1ª anualidade) Igrexa Beade-A Garrida (1.419.661) euros; convenio Deputación (1ª anualidad) Estrada Provincial (G.V. Arquitecto Palacios): (1.234.817 euros); humanización García Olloqui e Praza Compostela (525.000 euros); humanización García Lorca (390.000 euros); humanización Camelias -entre Juan Ramón Jiménez e Hispanidad- (100.000 euros); humanización entorno Rosalía de Castro -entre Serafín Avendaño e Heraclio Botana- (90.000 euros); humanización rúa Escuelas Públicas: (200.000 euros) e humanización rúa Aragón, fase 3 (100.000 euros).

Dentro dos fondos DUSI, Caballero mencionou o proxecto de Gran Vía, con 4,8 millóns; o de Porta do Sol, con 5,1 millóns, a conexión da Praza Isabel La Católica con San Salvador e o ascensor de Juan Ramón Jiménez-Valterra-Torrecedeira, cun investimento superior ao millón de euros e, por último, a humanización de Marqués de Valterra.

Para parques e xardíns, mellora de pistas deportivas (100.000 euros), recuperación de zonas verdes (90.000 euros) e 1,3 millóns para novas áreas. Respecto a educación, o rexedor mencionou 450.000 para a cubrición de patios de colexios "aínda que é unha competencia da Xunta de Galicia"; mellora da Escola de Música de Beade (250.000 euros); cubrición do Centro Cultural Becerreira (200.000 euros) e nova sala de lectura e usos múltiples de Navia (324.000 euros). Dentro de Patrimonio Histórico, destacou a recuperación de Finca Solita, con 277.000 euros.


Especial atención adicou Caballero aos investimentos deportivas, comenzando coa 1ª anualidade da cubrición e arranxo das pistas de tenis de Samil (case 250.000 euros); 1ª anualidade do novo pavillón de Quirós (1,5 millóns); convenio coa Deputación para a 1ª anualidade das novas instalacións deportivas de Romil (preto dun millón euros); 2ª anualidade do Campo de fútbol de Carballal (case medio millón de euros); redacción proxecto e primeira anualidade de pistas baixo grada de Río (486.605 euros); mellora de vestiarios e campos de fútbol: 200.000 euros; convenio Deputación para renovación do céspede en campos de fútbol (1.270.000 euros) e proxectos de Gol-Marcador e aparcamento de Balaídos (1,3 millóns).

Áreas
As políticas socias aumentan un 4,2% ata os 15 millóns nas contas de 2018 o que a volve a situar a Vigo como a cidade con máis política de benestar de toda España. Tal e como detallou, Programa antidesafiuzamentos (2,5 millóns); albergue (830.000 euros); bolsas de libros e de comedor (1,8 millóns); ademais de múltiples convenios nominativos con colectivos como Alborada, Enfermos psíquicos, San Francisco, Banco de Alimentos, Mayores de Vigo, Asociación contra el Cáncer, Programa Xordos, Subvencións asociacións de carácter social; AFAN, Misioneros de los Hermanos Pobres, Comedor de la Esperanza, Menela, AFAGA,Pobo Saharaui e Vida Digna, entre outros.

O servizo de axuda no fogar recibe 4,5 millóns, o programa de menores, 516.000 euros, CEDRO, 1,5 millóns e, dentro do programa DUSI, habilitouse unha partida de 350.000 euros para a atención de persoas en risco social e maiores. Respecto a estes últimos, as contas inclúen este ano 350.000 euros para cofinanciar os centros de día de Teis, Coia e Lavadores. O Concello vese obrigado a financiar parte da política social competencia da Xunta porque así llo esixe unha lei autonómica recentemente aprobada que foi duramente criticada polo alcalde de Vigo.

O investimento en educación ascende a 15,1 millóns, o que supón un aumento de case un 6% respecto a 2017. Preto de 3 millóns para a limpeza dos centros educativos; 650.000 e 110.000 euros para subministro de enerxía e de gas, respectivamente; case 2 millóns para escolas municipais,-incluídas as infantís-; 1,9 millóns para enviar a estudar a inglés a 850 alumnos e alumnas de Vigo. Tamén se referiu á Uned que o Concello mantén en exclusiva cun orzamento de 800.000 aproximadamente.

A política de emprego crece tamén máis dun 6%, ata os 5,3 millóns, destacando as seguintes partidas: Plan Municipal de Emprego (1.500.000 euros); Dusi: Proxecto europeo de fomento de emprego (450.000 euros); Plan de Emprego Xuvenil (95.000 euros); axudas á creación de empresas (70.000 euros); convenios con sindicatos (66.000 euros); Rede de mulleres contra os malos tratos (50.000 euros); Érguete (540.000 euros) cuidadores de barrio; Conxemar (100.000 euros) ou a Feria Vigo Sea Fest-Industria Pesqueira (105.000 euros).

No tocante ao gasto en deporte, destacou un aumento dun 31,08%, cunhas achegas directas aos clubes por valor de case 2,1 millóns, unha cifra que permite ao alcalde cumprir o compromiso que adquiriu ao principio do mandato de duplicar as axudas ao deporte. Este ano, vaise impulsar especialmente o apoio ao deporte feminino con 338.000 euros, seguindo a liña iniciada o ano pasado.

O orzamento de cultura ascende aos 13,1 millóns, mentres que en Turismo mantense a promoción das rutas aéreas, o Convenio Illas Cíes Patrimonio da Humanidade (250.000 euros) e a Vigo Convention Bureau (200.000 euros). Na área de Comercio destacou: o Plan de dinamización do comercio (200.000 euros); Plan de dinamización de centros comerciais (140.000 euros); subvencións ao pequeno comercio (50.000 euros) e o alumeado de Nadal: (636.000 euros).

O gasto en parques e xardíns sube un 8%, ata os 8,6 millóns, cunha partida de 1,3 para novas áreas de recreo; mentres que no departamento de Igualdade seguirá a funcionar o Centro de Emerxencia (250.000 euros -a metade do orzamento), o programa Canguros (158.000 euros) e, entre outros, a colaboración coa Rede de Mulleres contra os Malos Tratos (30.000).



Outros datos
O Concello adica 16,5 millóns a Seguridade e orde público e outros 7,8 á ordenación do tráfico e seguridade, o que eleva a 24 millóns a cantidade que o Concello adica á seguridade, unha cantidade á que hai que sumar 8,5 millóns destinados á extinción de lumes.


Tramitación
Respecto da tramitación, Caballero apuntou que o luns 6 de novembro reunirase o Consello Social, mentres que o pleno de aprobación inicial será xoves 16 de novembro – nesta mesma data se celebrará o Pleno sobre os lumes solicitado polo grupo municipal do PP-. Finalmente, o 27 de decembro se convocará o pleno para a aprobación definitiva das contas de 2018.


Descargar todas as imaxes