O alcalde confía en pechar mañá con ADIF a "gran obra da gran estación do AVE en Vigo"
Abel Caballero viaxa mañá martes a Madrid para reunirse co presidente do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, Juan Bravo, cita na que o alcalde agarda "pechar os últimos flocos" pendentes para Urzáiz. A reunión tratará tamén da terminal de autobuses e da saída da cidade á autopista en túnel, eliminando o paso elevado de Alfonso XIII.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reunirase mañá martes en Madrid co presidente de ADIF, Juan Bravo, unha entrevista "moi importante" na que o rexedor vigués agarda "pechar os últimos flocos" pendentes para poder iniciar así "a gran obra da gran estación do AVE en Vigo".
"Confío en que se peche mañá", apuntou Caballero, quen manifestou que tanto o Concello de Vigo como ADIF demostran un "gran interese" na cuestión. Xunto á terminal de autobuses, a cita de mañá, co "elemento central" da estación do AVE deseñada por Thom Mayne, abordará igualmente a saída da cidade á autopista en túnel desde a rúa Lepanto, o que suporá a posterior eliminación do "espantallo" do paso elevado de Alfonso XIII.