O alcalde critica a decisión do Goberno de atrasar ata 2025 a conexión de AVE por Cerdedo
O alcalde de Vigo lamentou a decisión do Congreso dos Deputados de aceptar unha emenda orzamentaria que atrasa ata 2025 a finalización a variante do AVE por Cerdedo. Nesa proposta adiántanse outros tramos de toda España, mentres que a conexión de Vigo postérgase dous anos máis, pasando a data de finalización de 2023 a 2025. <br />
A proposta de Foro Asturias, no Congreso dos Deputados aprobouse una emenda que modifica as datas de finalización de diversos tramos de alta velocidade en toda España. Co apoio do PP e de Ciudadanos, saíu adiante unha proposta que adianta a data de finalización dos seguintes proxectos de Adif-Alta velocidade: Levante; Murcia-Almería; Bobadilla-Granada; Madrid-Extremadura; Olmedo-Lubián-Ourense; e, por último, atrasa dous anos a variante Ourense-Vigo por Cerdedo, que pasa de 2013 a 2025.
O rexedor lamentou que a única liña maltratada sexa a conexión por Vigo, insistindo en que "o que demostra é que non o queren facer porque xa o colocan a 8 anos vista". Na súa opinión, esta decisión supón menosprezar esta variante e, unha vez máis, evidencia a falta de compromiso do PP con este territorio".
Descargar todas as imaxes